Catálogo de Actividades 2019 | Unión de Cooperativas EspazoCoop

Na creación, consolidación e apoio do cooperativismo as entidades representativas xogamos un papel esencial. A Unión de Cooperativas EspazoCoop desenvolve e colabora en estratexias e programas que reforcen o cooperativismo, e especialmente ás súas cooperativas asociadas. Actuamos como axente de intermediación entre as administracións públicas, o tecido socioeconómico e as persoas interesadas, co obxetivo de mellorar a visibilidade e o impacto que ten o cooperativismo na sociedade, de apoiar e acompañar ás cooperativas socias na súa consolidación e evolución, prestar soporte na creación de novas cooperativas, e mesmo promover e difundir o cooperativismo entre a sociedade.

Con eses fins presentamos a través deste Catálogo 2019 distintas actividades e servizos que temos previstos para este ano, con carácter gratuíto para as beneficiarias e as cooperativas socias.

Descargar aquí  CATÁLOGO 2019

(Catálogo a setembro 2019)

 

Se tes interese en participar nas propostas que ofrecemos, ou necesitas máis información, non dubides en contactar con nós.

A Coruña | Travesía de San José 10, Ent. A – 15002 | 881 887 456

Santiago de Compostela | Hórreo 104, baixo, esquerda – 15701 | 981 57 55 78

Vigo | Taboada Leal 15, entreplanta – 36203 | 986 866 149

 

 

E se es cooperativa, busca o símbolo gráfico Somos Coop, porque indicará que é : Actividade recomendada para Cooperativas!