| Encontros virtuais Espazo Coop |
O cooperativismo galego fronte á crise do covid19

A próxima semana organizamos dúas edicións do encontro virtual ‘O cooperativismo galego fronte á crise do covid19’, os días:

– Mércores 6 de maio de 2020, de 16 a 17.30 horas
– Xoves 7 de maio de 2020, de 10 a 11.30 horas

Cartel Encontros Virtuais

O obxectivo dos mesmos será o de ter un espazo de posta en común que nos permita recoller as vosas inquedanzas principais, facer comunidade e devolver o que estivemos facendo, tanto desde o plano politico como desde o plano técnico na Unión de Cooperativas EspazoCoop.

Tamén nos gustaría ver que alternativas ou fórmulas se poden plantexar para sair o mellor posible da situación actual.

Para desenvolver estas sesións imos a empregar un formato virtual, a través da Plataforma JITSI (dende EspazoCoop enviarémoste con antelación ao inicio, vía correo electrónico, un enlace para acceder ao noso Encontro).

Debido ao formato empregado precisaremos seguir un fío conductor rigoroso, a través deste guión e Programa:

 

1| Presentación do traballo representativo, coa Presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop, Ana Olveira (8 minutos)

2| Intervención das cooperativas: Presentación mínima, necesidades e dificultades principais, propostas para sair da situación actual (axudas, ideas, alternativas).

Máximo 2-3 minutos por entidade en función do número de entidades participantes.

3| Presentación de traballos e actividades no plano técnico, co Xerente da Unión de Cooperativas EspazoCoop, Tino Gago (10 minutos)

4| Respostas a dúbidas e preguntas que se plantexen previamente polo chat ou canal que se determine (25 minutos)

 

Animámoste a que asistas e podamos encontrarnos.

Lembra que a participación é libre, destinado a cooperativas, previa INSCRICIÓN: neste enlace

Esperámoste!