Novas cooperativas socias 

Presentamos novas cooperativas asociadas a EspazoCoop.

Deixamos a súa referencia para coñecelas un pouco e que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo cooperativo, para intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou en relacións profesionais.

 

A PANADARÍA Son unha compañía de teatro adicada principalmente á creación de espectáculos. Tamén realizan formación e crean produtos audiovisuais. Son unha cooperativa de traballo asociado con sede na cidade de Vigo.

Web: http://apanadaria.es


AMARELAS Ofrecen actividades de ocio e turismo en Galicia, así como accións de formación e de desenvolvemento local. Trátase dunha cooperativa de traballo con sede en Silleda (Pontevedra).

Web: www.amarelas.es


MAÍS ASESORES Adícanse ao asesoramento laboral, fiscal e contable a empresas e particulares. Son cooperativa de traballo e están en Lugo.

Web: www.maisscg.com


AUTO LOGIC  Son un Taller mecánico, de electricidade, e servizo de neumáticos. Tamén realizan labouras de lavado a man, limpeza integral e pulidos. É unha cooperativa de traballo con sede en Gondomar (Pontevedra).

Redes sociais: https://www.facebook.com/AutoLogicgon/


GEOMATICO A súa actividade é o desenvolvemento de software especializado en SIG Libre. Crean ferramentas para proxectos que precisen das tecnoloxías xeo máis actuais, dende aplicacións ambientais ata análise xeoespacial para movilidade.

Usan e producen código aberto e son expertos nos distintos proxectos de SIG libre existentes (PostGIS, OpenLayers, LeafletJS). Creen na colaboración, o coñecemento compartido, a honestidade e a transparencia.

Geomati.co iniciouse nas xornadas de SIG libre de Girona en marzo de 2011.

Son cooperativa de traballo e a súa sede está en Vigo.

Web: www.geomati.co


IDECAR ELECTROMECÁNICA Son un Taller mecánico. Trátase dunha cooperativa de traballo asociado con sede en Ponteareas (Pontevedra).


FONSASIS Ofrecen servizos sociais, limpezas, e conserxerías. É unha cooperativa de traballo ubicada en A Fonsagrada (Lugo).


NYTIA Ofrecen tecnoloxía innovadora, as socias de Nytia son pioneiras no referente a tecnoloxía de armonización por biorresonancia cuántica (para usuarias e espazos). Os seus dispositivos e servizos buscan mellorar o benestar das persoas (mediante a neutralización de radiación EMF, o estrés xeopático, as zonas psicosomáticas, os cruces de auga ou as liñas Curry e Hartmann). Además, ofrecen complementos alimentarios medicinais, equipos de exercicio, e imparten formación.

Son unha cooperativa de traballo con sede en A Cañiza (Pontevedra).


GALICAMPER Adícanse á :

  • Compra-venda e aluguer autocaravanas.
  • Mantemento de autocaravanas.
  • Servizos de parking para autocaravanas.

Son unha cooperativa de traballo con sede en Carral (A Coruña).

Web: https://galicamper.com/index.html


GYLEVEN Realizan servizos de programación, consultoría e outras actividades relacionadas coa informática. Proceso de datos, hosting e outras actividades vinculadas; portais web, etc.

Trátase dunha cooperativa de traballo asociado ubicada en Mos (Pontevedra).

Web: www.gyleven.com


Fai clic : CAMPAÑA #SUMACOOPS