«Emprendementos que inspiran. Industrias culturais e creativas»

Ciclo de webinars de CULTSOS

No marco do proxecto CULTSOS -cultura social e sostible- e en colaboración con REDEL, GARAPEN organízase un ciclo de webinars dirixido ao sector cultural e creativo co obxectivo de ofrecer a oportunidade ao sector de coñecer novos proxectos, promover a aprendizaxe para mellorar a competitividade do sector e poñelo en valor.

 

 

O primeiro webinar celébrase o próximo día 27 de febreiro de 10 a 11 h. e presentarán os seguintes proxectos:

  • DAB Dantza Konpainia – Proxecto impulsado pola axencia de desenvolvemento comarcal Oarsoaldea
  • Lo que el silencio escucha – Proxecto impulsado pola axencia local de desenvolvemento económico e social Impulsalicante

Se eres unha empresa do sector cultural e creativo e te interesa participar, inscríbete e completa o seguinte formulario ➡️ AQUÍ

Información do Ciclo de webinars: https://cultsos.es/webinar/

Que é CULTSOS?

CULTSOS é un proxecto que busca impulsar a innovación, a competitividade e a resiliencia do sector cultural a través do fomento da Economía Social e o aliñamento cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030.

Desenvolvemento de metodoloxías, ferramentas, solucións e plataformas tecnolóxicas que impulsen as fórmulas da Economía Social no sector cultural.

CULTSOS busca dar resposta aos desafíos actuais do sector cultural, como a  atomización, a falta de cooperación, a dificultade de acceso ao financiamento, a dependencia de fondos públicos, a falta de competencias de xestión e a debilidade organizativa.

Web de CULTSOS: https://cultsos.es/

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop é socia do proxecto CULTSOS, xunto cun grupo de sete entidades que en alianza desenvolven o mesmo. Trátase dun proxecto financiado polo Plan Integral de Impulso á Economía Social no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para os ano 2024  2025.

Sección Cultsos – web EspazoCoop: