Cooperativas de Ensino, unha alternativa de emprego

Se eres profesional do ámbito educativo este curso pódete interesar. Dende a Unión de Cooperativas EspazoCoop impartimos un obradoiro do 18 ao 21 de setembro na Universidade da Coruña, para presentar a cooperativa de ensino como unha opción laboral real, ofrecemos información e coñecementos para emprender un proxecto cooperativo no sector educativo, e amosamos experiencias consolidadas en Galicia que poden ser modelos e referentes.

Esta formación é gratuíta, dura 20 horas, en horario de 9.30 a 14.30 horas.

Consulta o Programa aquí

E se te interesa participar nel inscríbete aquí

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da REDE EUSUMO. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.