A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar aposta por mellorar a comunicación e visibilidade das cooperativas coa organización do obradoiro :

Creando unha web autoxestionable para a vosa cooperativa

A través deste obradoiro os participantes aprenderán a crear, deseñar e autoxestionar o seu propio Blog ou Website a través do manexo do software libre WordPress.

Este obradoiro, dirixido principalmente as cooperativas, está estruturado en dúas sesións que se celebrarán os días 29 e 30 de outubro na cidade de Vigo nas aulas CeMIT da Xunta de Galicia.

Ambas sesións celebraranse en horario de tarde das 16:00 h. as 19:00 h.

Pode poñerse en contacto no teléfono 981 558 008 ou no enderezo info@eusumo.coop.

Cartel

Programa

– Nota de prensa