[Almorzo cooperativo]

Cooperativas de Ensino ante a LOMLOE

 

 

O xoves 27 de Maio ás 18.00 h. a Unión de Cooperativas EspazoCoop celebra un Almorzo Cooperativo Virtual baixo o título “Cooperativas de Ensino ante a LOMLOE: propostas, retos e oportunidades”, destinado a cooperativas e entidades de economía social, con preferencia para ás cooperativas socias de EspazoCoop con actividade neste sector.

Intervirá Javier Martínez Cuaresma, Presidente da Unión Española de Cooperativas de Enseñanza  U.E.Co.E, cunha exposición sobre o proceso de tramitación da LOMLOE e as achegas realizadas durante o mesmo dende o eido do cooperativismo de ensino.

Trátase dunha sesión informativa e de intercambio de dúas horas de duración, de 18 a 20 h. que servirá para :

  • Dar a coñecer á comunidade do cooperativismo de ensino, o traballo desenvolvido dende as súas organizacións representativas en todo o proceso de debate e aprobación da LOMLOE.
  • Recoller e por en valor as achegas que se fagan dende o sector de cara a acadar unha visibilización do feito diferencial de ser cooperativa, en todo o proceso normativo que está pendente de ser aprobado, tanto a nivel nacional como autonómico, e que permitan apostar por contidos e metodoloxías que
    reflictan o sentir da nosa comunidade, así como a formación do alumnado en valores de respecto aos dereitos humanos, exercicio activo da cidadania e o pluralismo dunha sociedade plenamente democrática.

EspazoCoop prestará o seu soporte dinamizador para aglutinar ao grupo de cooperativas para conectalas, apoialas e canalizar as súas inquedanzas.


Organiza e convoca: Unión de Cooperativas EspazoCoop  


Esta actividade enmárcase nos programas:
– Programación 2021 da Rede Eusumo. A REDE EUSUMO é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.
– Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES) 2014-2020 OT 8: conseguir formación e emprego de calidade, convocado por Cepes e financiado polo FSE.