Coop-Housing, un novo xeito de Habitar
E ti, que vas facer cando sexas maior?
Xornada telemática | Xoves 22 Outubro 2020 – De 10 a 14 horas
A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza o próximo 22 de outubro unha xornada sobre cohousing e vivenda cooperativa para divulgar novos modelos de habitar e vivir, enfocado para persoas maiores.
Será un encontro en formato virtual para que as persoas e organizacións participantes poidan acceder a información útil aclarando conceptos deste tipo de cooperativismo habitacional e as posibilidades que ofrece á xente maior. A xornada dará a coñecer experiencias reais e boas prácticas, e presentará ferramentas de financiamento e aspectos clave para poñer en marcha proxectos deste tipo.
Contaremos con Laura López, autora do libro ‘Solucións habitacionais para o envellecemento activo. Vivenda colaborativa e cohousing’ e profesora na Universidad Pablo Olavide, que nos situará no marco. Teremos interesantes experiencias como Trabensol, un proxecto consolidado iniciado no ano 2000, con orixe en Málaga, ou a cooperativa GSR Xestión de Servizos Residenciais, que xestiona 23 residencias en Euskadi, ou o Colectivo de Traballadoras de Residencias de Galicia.
Para completar as exposicións, nos acompañarán entidades de finanzas éticas, como Fiare e Coop57 Galicia, que nos comentarán as opcións que ofrecen para proxectos habitacionais cooperativos e de cohousing.
En definitiva, teremos ocasión de reflexionar, debater, preguntar, e finalizaremos a sesión virtual realizando unha pequena dinámica participativa (análise de oportunidades e retos) para o coop-housing.
A participación é aberta e libre, previa inscrición.
- Programa, neste enlace
- Cartel, neste enlace
- Inscrición, neste enlace
Esta actividade celébrase no marco da programación 2020 da rede Eusumo.