Manifesto | Asociacións profesionais do ámbito cultural (incluída a Sectorial de Cultura da Unión de Cooperativas EspazoCoop)

?? Manifesto: As asociacións profesionais vinculadas ás artes escénicas, os festivais de cinema, a música e a xestión cultural denuncian un trato discriminatorio con respecto a outros sectores produtivos con máis capacidade de presión.
➡️ A falta de claridade da normativa sanitaria aplicada, xunto coas restricións debidas a novos gromos en zonas localizadas, dificulta enormemente a celebración de eventos nos espazos, traslada á cidadanía unha mensaxe errónea de que a cultura non é segura.
➡️ Tendo en conta a grave situación de parálise que está vivindo o sector cultural, un sector que emprega a 30.000 persoas e achega case o 3% do PIB galego, solicitamos que desde a Xunta de Galicia se adopten medidas.
 
Entidades Asinantes:
  • Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena galega)
  • Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM)
  • Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC)
  • Asociación Galega de Salas de Música (Clubtura)
  • Coordinadora Galega de Festivais de Cinema (Proxecta)
  • Asociación Sindical de Profesionais Técnicos do Espectáculo (Tesgal)
  • Músicas ao Vivo (MAV)
  • Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop
#culturasegura #asociaciónsprofesionais
#cooperativas #sectorialcultura #EspazoCoop