«Contratación Pública»
Teleformación de EspazoCoop especializada
Dende a Unión de Cooperativas EspazoCoop damos continuidade ao Programa de Formación Especializada destinado prioritariamente para cooperativas socias, e orientado tamén a outras cooperativas e organizacións de economía social.
Este Programa trátase dunha formación modular orientada a persoas con responsabilidades directivas e xerenciais, en temáticas de xestión empresarial, liderado ou innovación entre outras máis. Este mes de Marzo de 2020 continúa cun módulo temático sobre a contratación do sector público.
Contratación Pública
Teleformación | Do 15 ao 30 de abril 2020 | 25 h.
Impartida por : A acción formativa será impartida e dinamizada polo docente Guillermo Yáñez Sánchez, que tamén foi o formador experto en contratación pública das dúas edicións do curso online realizado por CEPES sobre esta materia o pasado ano.
Guillermo Yáñez Sánchez, Licenciado en dereito e funcionario adicado á contratación administrativa (xefe de Sección de Contratación na Deputación Provincial de Soria).
Formador presencial e on-line en contratación pública (tradicional e electrónica). Ensina a empregadas/os do sector público e a empregadas/os das empresas que licitan. Tamén forma e aprende en comunidades de práctica, aprendizaxe informal, xestión do cambio, ferramentas 2.0, innovación, ou intraemprendizaxe.
Por que facer esta formación?
1| Con esta formación obterás coñecementos para participar nas licitacións e contratos ofertados polas Administracións Públicas ou poderás asesorar a outras/os que queiran facelo.
2| Ademais con este curso aprenderás as novidades, oportunidades e vantaxes que a nova lexislación de Contratos Públicos ofrece ás cooperativas e entidades de economía social.
3| Contaremos cun formador experimentado e especializado, Guillermo Yáñez Sánchez.
Consulta a Ficha técnica do curso aquí, antes de formalizar a túa inscrición. Cartel aquí | Inscrición aquí
Contidos e programa
– Atender as necesidades formativas específicas de mellora na xestión empresarial e capacitación para a dirección e xerencia das cooperativas participantes.
– Mellorar a situación dos procedementos e sistemas de dirección empresarial das cooperativas participantes, mediante operativas adaptadas ao modelo.
– Divulgar de forma práctica as cooperativas participantes, boas prácticas, ferramentas e habilidades que permitan a mellora dos seus procedementos de xestión e sistemas de dirección .
– Potenciar o coñecemento mutuo e o intercambio de experiencias das cooperativas participantes que permitan establecer alianzas futuras.
Lección 1. As oportunidades de negocio co Sector Público están en Internet
Lección 2. Busca oportunidades reais de negocio na plataforma de contratación do Sector Público.
Leccion 3. Cando atopes unha oportunidade de negocio interesante, engádeas ás túas licitacións.
Lección 4. Programa suscripcións. En vez de buscar, programa alertas dos negocios do teu interese.
Lección 5. Anticípate e entérate de futuras oportunidades de negocio co Sector Público.
Fai clic : PROGRAMA, Curso virtual en Contratación Pública.
Metodoloxía
● Secuencial, seguindo as diferentes fases que atravesa o proceso de búsqueda e xestión de oportunidades de negocio co Sector
Público.
● Práctica:
○ Con vídeo titoriais.
○ Cun foro privado.
○ Cun webinar.
● É recomendable que as cooperativas, entidades e empresas participantes estén rexistradas na plataforma de contratación do Sector Público desde o inicio do curso.
Para quen?
Preferentemente para cooperativas asociadas á Unión de Cooperativas EspazoCoop: socias/os e asalariadas/os que estén en áreas de dirección, consellos reitores, ou postos relacionados coa temática desta acción formativa. Tamén, para outras cooperativas e organizacións de economía social.
As prazas son limitadas.
Cotas de inscrición
- Cooperativas socias: 25 € (en función da axuda concedida para a actividade)
- Cooperativas non socias e entidades pertencentes a organizacións do Foro pola Economía Social Galega e REAS Galicia: 50 €
- Persoas interesadas non pertencentes a entidades anteriormente mencionadas: 100 €
Trátase dunha boa oportunidade formativa, en especial para as socias, xa que as cotas están bastante axustadas en relación cos estándares de cursos similares.
Proceso de matriculación
1| Inscríbete neste formulario
2| Efectúa o pago da cota que te corresponda (no nº de conta indicada no formulario)
3| Envíanos o xustificante de pago a: angeles@espazo.coop para confirmarte a praza.
Xa estarás matriculada/o no curso de EspazoCoop “Contratación Pública e Responsabilidade Social”.
Máis información e consultas: 881 887 456 – patane@espazo.coop
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2020 da Rede Eusumo. A REDE EUSUMO é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.