Como innovar?
recursos e estratexias
A Unión de Cooperativas EspazoCoop presenta un novo módulo formativo dentro do Programa Especializado de Formación Xerencial en Cooperativas -programación 2021-, que está previsto para o mes de Xullo. O curso desenvolveranse en modalidade teleformación, baixo o título “Como innovar? recursos e estratexias”.
Esta formación é para ti?
Esta formación é para ti se tes interese na innovación na túa empresa cooperativa e na análise de procesos na proposta de valor, introducción o deseño de modelos de negocio (lean startup), abordando a colaboración para innovar, e tratanto técnicas e metodoloxías de innovación (design thinking…), boas prácticas e o entreamento creativo.
Do 6 ao 22 de xullo 2021| 20 horas | 5 sesions virtuais de aprendizaxe
Fai clic: Programa | Cartel | Inscrición
Cota de matrícula: Este curso conta cunha cota de matrícula. Aplicarase unha reducción no importe da mesma ás cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Presentámosche á docencia
Xeneme – innovación social- é unha Consultora galega de proxectos: Innovación social e participación comunitaria – Xestión e innovación cultural – Consultoría e Formación.
Esta actividade enmárcase nos programas:
– Programa de actuación 2021 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia. Eusumo fomenta o cooperativismo e a economía social e conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.
– Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES) 2014-2020 OT 8: conseguir formación e emprego de calidade, convocado por Cepes e financiado polo FSE.]