A Unión de Cooperativas EspazoCoop abre a convocatoria de :

BOLSAS XERENCIAIS EN COOPERATIVAS

Dirixida a persoas desempregadas con estudios finalizados na área empresarial.

Convócanse 4 bolsas que darán a posibilidade de realizar unha estadía en prácticas nunha cooperativa durante 6 meses para impulsar e apoiar o ámbito xerencial e procesos de mellora.

Durante a estadía en prácticas se analiza, deseña, planifica, e desenvolven accións de mellora na xestión da cooperativa. Faise co apoio dunha persoa titora de EspazoCoop, e en cordinación coa cooperativa, apoiando as necesidades e demandas de esta.

As bolsas están vinculadas a un Programa Formativo.

Prazo para solicitar unha bolsa xerencial: 23 de abril de 2018.

Localidades das bolsas:

– Vigo

– Salvaterra de Miño

– Ourense

– Arteixo

Convocatoria de BolsasAquí

Convoca: EspazoCoop Unión de Cooperativas Galegas.

Financia:

Fondo Social Europeo, Xunta de Galicia e Ministerio de Emprego e
Seguridade Social – Goberno de España.

* Estas Bolsas de xerencia en Cooperativas están enmarcadas : No programa de actuación 2018 da REDE EUSUMO. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.