A Federación de Cooperativas SINERXIA , presenta un Catálogo de actividades coas propostas máis demandadas para o afortalecemento das  cooperativas: Os Talleres á carta.
Estas actividades gratuitas desenvólvense nas instalacións da Cámara de Comercio de Vigo ao abeiro da Rede EUSUMO.
– Xornada/s sobre PLANEAMENTO ESTRATÉXICO: 23 -27 setembro
Para reflexionar, descubrir e minimizar debilidades, mellorar estratexias de comercialización e intercooperación, fomentar o espírito cooperativo, analizar a coherencia do modelo organizativo coa realidade actual da vosa cooperativa, potenciar en definitiva o noso sector e a nosa entidade.
– Xornada/s de RESPONSABILIDADE SOCIAL: 14-18 outubro
Por coherencia cos principios cooperativos, analizando polo miúdo os efectos da implantación da responsabilidade social en cada unha das áreas de actuación da vosa cooperativa.
… A que esperades para apuntarvos?
Para mais información e inscricións, contactade coa Federación Sinerxia:
Rúa Fernández Villaverde, 4 1º Andar Dereito 36002 Pontevedra
Teléf : 986 896 526 / 986 862 887 Fax : 986 896 525
sinerxia@sinerxia.org                               www.sinerxia.org