Melandrainas Creativa, S.Coop. Galega é unha cooperativa de traballo asociado de recente creación, ubicada na localidade de Arteixo, con ampla experiencia de traballo como Asociación e Escola de Teatro. Asumen moi ilusionadas un novo proxecto para abrir un local que lles permita levar a cabo tódalas ideas que ferven no seu maxín.

Para isto piden persoas ou entidades que podan colaborar financeiramente como avalistas:

En Melandrainas Creativa levamos máis de vinte anos traballando por e para a cultura e o esparcimento de cativos e maiores a través da nosa Escola de Teatro. Agora queremos dar un paso máis e apostar decididamente por un espazo compartido para a diversión, a creatividade, a cultura, a gastronomía e tamén como non para as artes escénicas. Para iso precisamos persoas que confíen no noso proxecto e nos boten unha man como avalistas no préstamo que nos vai conceder a entidade COOP57. Calquera pode ser avalista desde calquera cantidade, pero se recomendan cantidades entre 500 e 1500 euros. ¿A que te comprometes con isto?. A respostar única e exclusivamente co que teñas avalado, só no caso de que Melandrainas non poideramos facer fronte aos compromisos de pago (e estamos seguras de que iso non vai a ocorrer).

 ¿Quen dixo que son malos tempos para a lírica?.

 Avalando a cultura, avalando o teatro, avalas a vida.

Máis información: Proposta Melandrainas

Datos económico-financeiros: Resume

As persoas que necesiten máis información sobre o proxecto, pódense poñer en contacto coas promotoras para que lle fagan chegar o plan de empresa.

Unha vez cubertos e asinados, os avais poderanse remitir escaneados ao correo electrónico da cooperativa: melandrainas@yahoo.es