No marco da programación de actividades da Rede Eusumo: Fomento do Cooperativismo e da Economía Social, para o ano 2017, Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas pon en marcha a partir de Abril os Almorzos Cooperativos, encontros de networking coa economía social, unha cita matinal ao mes para xerar procesos de colaboración e sinerxías entre as participantes do sector da economía social.
> Encontros de networking na economía social.
> Queremos facilitar a xeración de procesos de colaboración e intercooperación entre cooperativas, e entidadades da economía social.
> Para coñecerse, abordar temas de interese común como a mellora da xestión empresarial e societaria, o financiamento, o consumo colaborativo, as compras conxuntas, plataformas de vendas, e explorar temáticas de colaboración …
Esperámoste, 1 vez ao mes, teremos unha cita matinal en sesións de 2 horas.
1ª sesión, mes de abril:
A Coruña | xoves 27 de abril | 9.30 – 11.30 h. | No Centro da Rede Eusumo – Concello de Coruña, Accede Papagaio. Rúa Hospital 19.
Santiago | xoves 27 de abril | 9.30 – 11.30 h. | No Centro da Rede Eusumo – Asociación de Cooperativas Agrarias (Agaca). Rúa Tomiño 22 entrechán.
Vigo | venres 28 de abril | 9.30 – 11.30 h. | No Centro da Rede Eusumo – Deputación de Pontevedra, sede de Vigo. Rúa Oporto 3.
Trátase dun programa gratuíto, destinado ás cooperativas socias, a outras cooperativas, e a entidades de economía social en xeral. As prazas son limitadas a un máximo de 20 participantes, darase prioridade de asistencia ás demandas das cooperativas asociadas.
Programa: Almorzos cooperativos – Abril 2017
Inscrición: Aquí