No mes de agosto de 2012 Ugacota segue a desenvolver a súa programación formativa nos Centros da Rede Eusumo.
Desta volta a actividade será no Centro da Rede Eusumo da Cámara de Comercio de Vigo, con dous cursos dirixidos a cooperativistas. Tamén estaremos en Lugo, no C.R.Eusumo na Caixa Rural Galega, cun curso dirixido a persoal asesor de empresas. Visitaremos Ourense, no C.R.Eusumo na Fundación COREN cun obradoiro de emprendemento cooperativo.

Na presentación baixo estas liñas atoparedes mais información sobre os cursos e a ligazón para inscribirse. Na última páxina da presentación atoparedes os datos de contacto por si precisades aclarar algunha información.