“Achégate ás cooperativas cunha ollada experta”. 13 decembro, Pazo de Mariñán

“Achégate ás cooperativas cunha ollada experta”

Xornada técnica de xestión de cooperativas, 13 decembro

 

 

 

 

A Xornada é unha actividade do programa de colaboración que EspazoCoop realiza coa Deputación Provincial da Coruña durante 2023, e terá lugar o día 13 de decembro no Pazo de Mariñán en Bergondo, A Coruña, de 9.30 a 14.30 horas.

En  “Achégate ás cooperativas cunha ollada experta” vanse a abordar aspectos específicos de xestión de empresas cooperativas, a través da conformación de 2 Mesas temáticas e a presentación dunha Conferencia marco previa ás mesmas.

[ A Xornada tratará aspectos laborais, fiscais e de contratación pública responsable en cooperativas ]

A Ponencia marco a cargo de David Pino Merlo, exporá a temática “Ecosistema de desenvolvemento sostible: o cooperativismo galego”, como paso previo ás Mesas que se desenvolven sobre xestión de cooperativas.

Na primeira Mesa Temática do Programa abordaranse aspectos laborais e fiscais mediante un debate entre persoas experimentas do eido público e a realidade cooperativa ao redor dos aspectos do novo réxime de persoas autónomas e como afecta ás cooperativas de traballo, e as peculiaridades da fiscalidade cooperativa.

A segunda Mesa Temática tratará a contratación pública responsable: a súa situación actual, tendencias do mercado de compra pública, oportunidades e alternativas para as cooperativas (contratacións reservadas, lotes, etc.). Abordarase esta temática nun debate entre asociacións de cooperativas de Andalucía, a administración pública, e experiencias cooperativas.

Para ambas mesas abrirase tamén un espazo para o diálogo co público asistente.

Que obxetivos ten?:

  • Mellorar o nivel de coñecemento e información sobre aspectos de xestión especiais que afectan ás empresas cooperativas.
  • Intercambiar e facer rede con persoas, organismos, entidades implicadas e actores esenciais das temáticas a abordar de fiscalidade, laboral e contratación pública responsable para cooperativas.
  • Coñecer potencialidades e experiencias en compra pública.
  • Contribuír á mellora da xestión, o acceso ao mercado público, e á consolidación das empresas cooperativas galegas.

A Xornada está destinada para persoal das Administracións Públicas, Colexios profesionais, Asesorías e Consultorías, Cooperativas socias de EspazoCoop, Cooperativas galegas en xeral, Persoal e organizacións de prescrición do modelo empresarial cooperativo: Axentes de desenvolvemento local, Técnicos de emprego, Técnicos de concellos, etc., e outro público interesado.

[ Programa ]

Máis concretamente, o Programa, que se desenvolve de 9.30 a 14.30 horas, ten previsto despois da Recepción de asistentes, iniciar coa Benvida institucional a cargo da presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop, Ana Olveira Blanco. A seguir, a Ponencia Marco  “Ecosistema de desenvolvemento sostible: o cooperativismo galego” con David Pino Merlo.

A continuación, arrancará o debate da Mesa Temática de Laboral e Fiscal, para tratar A cotización do Reta das persoas socias traballadoras con Mª Dolores Folgado Romeu, Asesoría Xurídica da Federación Valenciana de Empresas Cooperativas de Traballo Asociado (FVECTA), nesta mesa tamén se tratará a Protección fiscal das cooperativas, con José Javier LaFuente, Inspector de Facenda do Estado, e Un caso práctico: Tratamento fiscal do gasto de desprazamentos, con Alicia Lorenzo Ucha e Mónica Martínez Gigirín, de AUSUM Asesores e Avogados.

Despois dunha Pausa Café, continuará a Xornada coa Mesa Temática de Contratación Pública Responsable, para tratar Alternativas e boas prácticas en compra pública responsable, con Gabriel Sánchez Bárcena e Joana Moreno, da Federación Andaluza de Empresas Cooperativas (FAECTA), e con  Julia Vázquez Silvarrey, Xefa de Sección de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo. Tamén se presentarán Boas prácticas en contratación pública responsable: A propiedade intelectual de proxectos do sector cultural, con Rocío Anahi Mena Jiménez, de Gabeiras Asociados S. Coop. Mad.

Ao remate da segunda mesa está prevista a Clausura por parte do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop, Ana Olveira Blanco.

A partir das 14.30 h. ofrecerase un Xantar ao público asistente por cortesía da Deputación Provincial da Coruña.

[ Inscrición ]

Fai clic para consultar o Programa e realizar a INSCRICIÓN en liña:

ProgramaCartel Inscrición

 

Organiza e coordina: Unión de Cooperativas EspazoCoop  – www.espazo.coop

 



 



 

 

2023-12-12T13:12:44+01:0029/11/2023|Espazo Coop, Rede Eusumo|Comentarios desactivados en “Achégate ás cooperativas cunha ollada experta”. 13 decembro, Pazo de Mariñán

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma

Go to Top