En Rexenerando buscamos reforzos!

En Rexenerando buscamos reforzos!

Hai tempo que nos decatamos de que o noso non está nas tarefas económicas e administrativas, que tanto tempo e enerxía consumen nos proxectos empresariais pequenos coma o noso. No 2024 cumprimos dez anos, un bo momento para dar un paso adiante e fortalecer o noso equipo cun perfil especializado na xestión económica e administrativa.

Buscamos unha persoa implicada e propostiva, que comparta o noso enfoque, que complemente esta dimensión interna do noso traballo e reforce a nosa organización a medio prazo.

O perfil que precisamos é o dunha profesional con  con experiencia en postos con responsabilidade contable, laboral ou fiscal, con estudos en Economía ou Ciencias Empresariais, e que incorpore ao equipo unha visión analítica e estratéxica que poida apoiar os pasos a dar neste sentido. Ademais, contar con formación e experiencia no ámbito da xestión cooperativa e da economía social é importante. O resto de detalles do perfil están explicados no documento anexo á nova.

Se pensas que podes encaixar no noso equipo, fainos chegar a túa candidatura por medio do seguinte formulario. A data límite para a recepción de candidaturas é o xoves 30 de novembro ás 14:00 h (importante: só analizaremos as candidaturas que cheguen a través deste enlace, non enviedes directamente o CV ao noso correo electrónico). Tras unha primeira fase de valoración de curriculum, contactaremos con aquelas persoas que pasarán á entrevista persoal a mediados de decembro. A persoa escollida no proceso incorporarase a traballar connosco en xaneiro.

Grazas de antemán por ler a información con vagar, compartir e difundir entre aquelas persoas que pensades poden estar interesadas, e apoiarnos neste novo proceso!

2023_Reforzo_Xestión económica_v2