Accións formativas de EspazoCoop
[ Marzo ]
A Unión de Cooperativas EspazoCoop presenta a súa Programación Formativa -no marco da REDE EUSUMO- para Marzo de 2021 ofrecendo 3 actividades. Os cursos previstos desenvolveranse en modalidade Teleformación, a través da plataforma da Aula Virtual de EspazoCoop.
A formación:
- Ferramentas e canais dixitais para impulsar as vendas (15 h.). Inicio 16 de marzo
está dentro do Programa Especializado de Formación Xerencial de EspazoCoop, e conta cunha cota de matrícula. Sinalar que para as cooperativas socias interesadas en participar, a cota de matrícula será reducida.
E os dous obradoiros:
- Formación para cadros directivos de cooperativas (20 h.). Inicio 2 de marzo *Inscrición pechada
- Lánzate a emprender en cooperativa (avanzado) (40 h.). Inicio 3 de marzo *Inscrición pechada
son gratuítos, sendo preciso realizar a inscrición previa para entrar na selección de participantes en cada curso.
Como é a nosa modalidade de teleformación?:
O tempo de estudo de cada curso está conformado con diferentes modalidades e obxectivos:
- Hai unhas horas que son as sesións virtuais de aprendizaxe: con data e hora determinada, que teñen unha duración de 90 minutos, para propiciar o traballo conxunto e colaborativo entre as participantes e para presentar determinados temas.
- Outras horas que serán as que utilices libremente como alumna/o para ler os contidos que estarán ao teu dispor na plataforma, na Aula virtual de EspazoCoop, para estudar materiais, revisar webgrafía, visionar os vídeos, realizar e enviar as tarefas que se piden no curso á persoa Titora, e revisar a súa retroalimentación.
- Un tempo que usarás e organizarás libremente para a participación nos Foros, Titoría coa docente e, finalmente, un tempo para a Avaliación.
Os cursos hai que completalos no marco do tempo das datas de inicio e fin indicadas para cada acción formativa.
Ferramentas e Canais Dixitais para Impulsar as Vendas
| Do 16 ao 30 de marzo | 15 horas | 3 sesións virtuais de aprendizaxe.
Fai clic: Programa | Cartel | Inscrición
DOCENCIA EXPERTA | A docencia deste curso será impartida por Santiago Villar Casas de Smartmind. Fundador, CEO e director de marketing e vendas de Marketing4talent S.L. Máis de 8 anos de experiencia no sector da formación. Docente e autor de cursos en máis de 30 títulos de xestión de empresas, marketing, transformación dixital, vendas, customer experience e loxística. BBA pola Saint Louis University, Master in International Business pola Escola de Negocios IESIDE. Experto en Licitacións Internacionais.
Smartmind é na actualidade unha empresa líder en deseño de contidos dixitais especializada na producción e desenvolvemento de produtos dixitais para ensino e formación dixital. Os seus contidos dixitais serviron para formar a máis de 100.000 alumnas e alumnos en temáticas como marketing dixital, dirección de proxectos de empresas, habilidades sociais ou ferramentas dixitais, entre outros. Impúlsalles as oportunidades do ecosistema dixital e unha grande vocación pola educación.
Formación para Cadros Directivos de cooperativas
| Do 2 ao 20 de marzo | 20 horas | 2 sesións virtuais de aprendizaxe. *Inscrición pechada
Fai clic: Programa | Cartel | Inscrición
Lánzate a Emprender en Cooperativa – nivel Avanzado
| Do 3 ao 31 de marzo | 40 horas | 3 sesións virtuais de aprendizaxe. *Inscrición pechada
Fai clic: Programa | Cartel | Inscrición
En colaboración con ECOBAS e a UVigo.
[ Estas actividades están no marco da programación 2021 da Rede Eusumo, rede de promoción e fomento do cooperativismo en Galicia, liderada pola Xunta de Galicia. E dentro do Programa POISES, Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social, convocado por Cepes, financiado polo FSE.]
Co apoio de: