Coa idea de dar a coñecer a fórmula empresarial cooperativa como unha boa opción de emprendemento entre axentes intermedios de servizos sociais e persoas que buscan sacar adiante proxectos de iniciativa social, organízase o obradoiro “A fórmula cooperativa nos servizos sociais” nas  seguintes datas:

‪- Vigo‬: 28 de xullo (horario 10 – 13 h.) – Cámara de Comercio de Vigo
‪- Santiago‬ de Compostela: 29 de xullo (horario 10 – 13 h.) – Edificio Cersia
‪- Pontevedra‬: 29 de xullo (19:30 – 21:30 h.) – Instalacións APROA
‪- Nigrán‬: 30 de xullo (10:00 – 14:00 h.) – Centro Antena

Tratarán o marco dos servizos sociais en Galicia; como aproveitar as oportunidades de emprendemento nos servizos sociais dende o modelo cooperativo; e as liñas de apoio e financiamento para o emprendemento cooperativo neste sector.

Máis información no 981 55 80 08 ou en info@eusumo.coopwww.eusumo.coop

Dende a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar seguen apostando polo fomento do cooperativismo a través da Rede Eusumo, programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo.