Desde A Federación de Cooperativa SINERXIA e dentro das actividades  propostas para este ano na Rede EUSUMO estase a organizar unha reunión para a posta en marcha da Rede Informativa de Intercooperación nos ámbitos dos seguros éticos e das enerxías renovables a realizar o día 20 de Outubro nas instalacións da Fundación Terra de Trasancos – Cooperativa do Val.

Desde SINERXIA valórase que no actual escenario económico financeiro é vital levar a práctica, estratexias de difusión das posibilidades de intercooperación nestes dous ámbitos.

Mais información:

Pilar López Alves

Federación de Cooperativas SINERXIA

986 896 526

sinerxia@sinerxia.org