O proxecto EC4RURAL ofrece unha formación online gratuíta sobre comunidades enerxéticas renovables

O proxecto EC4RURAL ofrece unha formación online gratuíta sobre comunidades enerxéticas renovables

 

O proxecto EC4RURAL inaugura a súa plataforma de formación online con seis módulos gratuítos dirixidos á cidadanía en xeral, persoal técnico de concellos, Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) e a calquera persoa con interese na implantación de modelos de enerxía comunitaria.

A formación ten unha duración de seis semanas, divididas en 12 horas de traballo a través da aula virtual e 24 de aprendizaxe autónomo.

A primeira edición da Formación en Comunidades de Enerxía Renovable dará comezo o 2 de xaneiro de 2025 e os seguintes, a principios de marzo, maio, xullo, setembro e novembro. O número de prazas máximas por edición é de 50 persoas.

A inscrición xa está aberta a través deste formulario. Expedirase un diploma acreditativo.

Apertura do próximo período de inscrición (2ª edición do curso): do 1 ao 24 de febreiro. Inicio do curso 3 de marzo de 2025.

O programa da formación

Módulo 1: Sensibilización cara á cidadanía enerxética

Descubre o potencial da cidadanía para liderar o cambio cara a un modelo enerxético sostible:

  1. Quen somos: Introdución ás comunidades enerxéticas e os seus obxectivos.
  2. A cidadanía enerxética: Comprende o papel transformador da cidadanía na transición enerxética.
  3. Como converterse nunha persoa prosumidora: Aprende como producir e consumir a túa propia enerxía renovable.
  4. Boas prácticas de cidadanía enerxética: Casos reais e inspiradores que demostran que o cambio é posible.

Módulo 2: Comunidades enerxéticas: Diagnose inicial

Os primeiros pasos para construír a túa comunidade enerxética:

  1. Introdución e punto de partida: Aprende a identificar o potencial enerxético da túa contorna.
  2. Deseñando a diagnose da túa comunidade enerxética: Crea unha análise inicial para establecer obxectivos e prioridades.

Módulo 3: Acción colectiva con concellos e grupos de desenvolvemento rural: mobilización e traballo en rede

A colaboración local como motor do cambio enerxético:

  1. Introdución, contexto e xustificación da acción colectiva local: O porqué da unión de esforzos para a transición.
  2. Marco legal para a acción colectiva e a creación de Comunidades Enerxéticas Renovables: Navega o entorno legal con facilidade.
  3. Os concellos como actores da transición enerxética: Coñece as oportunidades que ofrecen os gobernos locais.
  4. Os grupos de desenvolvemento rural como actores da transición enerxética: Potencial dos actores rurais no ecosistema enerxético.
  5. Ecosistema galego: Revisión de recursos e proxectos na nosa comunidade.

Módulo 4: A cadea enerxética na transición enerxética

Comprende a estrutura do sistema enerxético e o seu cambio:

  1. Transición enerxética e modelos eléctricos: Evolución cara a sistemas máis sostibles e democráticos.
  2. Un novo actor: as comunidades enerxéticas: O papel fundamental destas iniciativas no modelo enerxético futuro.

Módulo 5: Modelos de negocio para Comunidades enerxéticas rurais

Deseña unha estratexia financeira sostible e efectiva:

  1. Modelo de negocio para comunidades enerxéticas rurais: Bases para un proxecto económico viable.
  2. Modelo de negocio: elaboración e avaliación: Aprende a desenvolver e analizar a túa proposta de negocio.

Módulo 6: Implementación e funcionamento de comunidades enerxéticas rurais

Leva á práctica os teus coñecementos:

  1. Procedementos de tramitación e legalización dunha instalación fotovoltaica en España: Guía para legalizar o teu proxecto.
  2. Execución das instalacións de autoconsumo colectivo: Pasos técnicos para facer realidade unha instalación fotovoltaica.

Metodoloxía

En todos os módulos traballarase cunha metodoloxía dinámica e flexible que busca garantir unha aprendizaxe significativa e adaptada ás necesidades de cada participante.

Os materiais están divididos en bloques temáticos. Estes materiais inclúen os contidos teóricos fundamentais, complementados por actividades de avaliación.

Estas actividades permitirán non só repasar os contidos abordados, senón tamén verificar o nivel de comprensión acadado e identificar áreas de mellora de forma autónoma.

Así mesmo, inclúense actividades e xogos lúdicos que facilitarán a fixación dos conceptos de xeito dinámico e participativo.

A interacción será un compoñente esencial nestes cursos, polo que a través do foro invitaremos ás persoas participantes a compartir as súas opinións, a debater e a reflexionar sobre os temas máis relevantes.

 

 

2024-12-20T11:01:59+01:004/12/2024|Formación, Rede Eusumo|0 Comments

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Go to Top