Éxito de convocatoria no primeiro curso sobre comunidades enerxéticas renovables

Éxito de convocatoria no primeiro curso sobre comunidades enerxéticas renovables

“A inscrición na seguinte edición abrirase do 1 ao 24 de febreiro a través dun formulario online”

En pouco máis dunha semana, a primeira edición do curso sobre comunidades enerxéticas renovables organizado por EC4RURAL cubriu a totalidade das case 50 prazas dispoñibles. Este éxito de convocatoria dá conta do interese da poboación por informarse, e formarse, sobre modelos de produción de enerxía sostibles.

O perfil dos participantes é variado. Entre eles cómpre destacar persoal técnico dos concellos galegos, responsábeis políticos municipais, persoal técnico dos Grupos de Desenvolvemento Rural, técnicos de empresas diversas e, sobre todo, cidadanía.

O programa do curso cobre todos os aspectos relacionados coa transición enerxética comandada polas comunidades locais: desde o significado da cidadanía enerxética e a avaliación da situación enerxética actual en cada localidade, até os procedementos e fórmulas xurídicas para que os concellos, as pequenas e medianas empresas e a cidadanía participen en accións colectivas para a transición enerxética.

Así mesmo, os diferentes modelos de negocio que poden sustentar esas iniciativas colectivas e os procesos técnicos que permiten a súa autorización e legalización conforman a parte final desta formación online.

O curso estrutúrase en 6 módulos que requirirían, como mínimo, un total de 32 horas de traballo por parte dos participantes. Aqueles que cubran todos os módulos recibirán un diploma acreditativo.

Próximos cursos

Haberá máis edicións virtuais deste curso. Esta prevista a inscrición na súa segunda edición entre o 1 ao 24 de febreiro. Este será o formulario da inscrición: https://goo.su/DY6eSd.

2024-12-20T11:01:03+01:0020/12/2024|Formación, Rede Eusumo|0 Comments

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Go to Top