“Construímos unha economía para a transformación social”

A Cova dos Ratos en colaboración coa Federación de Cooperativas Sinerxia, celebra os días 30 e 31 de Marzo e 1 de Abril, a partir das 20.30 horas, unhas xornadas para promocionar o cooperativismo e a economía solidaria, no seu local social na Rúa Romil 3 de Vigo.

Haberá charlas introductorias sobre esta temática, e dúas mesas redondas, unha sobre finanzas éticas en Galicia, e outra sobre experiencias prácticas de economía solidaria na comunidade. Nas xornadas participan persoas de entidades como a Unión de Cooperativas de Ensino (Ucetag), O Peto, Coop57 Galiza, Fiare, Árbore s. coop. galega, O Cable Inglés s. coop. galega, e Nosa Enerxía s. coop. galega.

Fai clic: Cartel “Xornadas Cooperativismo e Economía Solidaria” – Vigo

A Cova dos Ratos – R/ Romil 3 – Vigo.