Xornada de Financiamento para apoiar o emprendemento

O martes 17 de decembro realizamos unha Xornada de Financiamento no Centro de Empresas Municipal A Grela, trátase dunha acción enmarcada no Convenio de Colaboración entre o Concello da Coruña e EspazoCoop.

A xornada é un evento no que entidades de finanzas éticas e cooperativas poden coñecer 10 proxectos que participan (ou participaron) nos programas de apoio ao emprendemento desenvoltos polo Concello da Coruña, e valorar a conveniencia de outorgarlles financiamento responsable. Será un punto de apoio a eses proxectos, ofrecéndolles un abano amplo de entidades financiadoras ás que poder presentarse.

OBXECTIVOS

>> Dar a coñecer entidades de financiamento responsable e as súas principais características de financiamento entre as persoas promotoras dos proxectos participantes.

>> Crear unha oportunidade para dar a coñecer proxectos de emprendemento, preferentemente colectivo, ante un foro de financiamento.

>> Favorecer un networking efectivo para promotores, empresas e persoas autonomas e entidades de financiamento, que permitan afondar no coñecemento mutuo e o establecemento de redes de colaboración que favorezan a creación de emprego.

PROGRAMA

10:25 h Recepción participantes
10:40 h Benvida institucional. Eva Martínez Acón, concelleira de Innovación, Industria, Emprego e Consumo do Concello da Coruña e Constantino Gago Conde, xerente de Espazocoop
10:50 h Presentación das entidades financeiras
11:00 h Rolda de presentación de proxectos
12:50 h Peche institucional
13:00 h Networking – café
14:00 h Peche da xornada

PANEL DE ENTIDADES DE FINANCIAMENTO

Fiare Banca Ética | Caixa Rural Galega | Triodos Bank: Banca ética e sostible | Cajamar Caja Rural | Ais O Peto Coop57