COORUÑA COOPERA. Unha cidade de cooperativas

No Nadal tamén, consuma responsabilidade

 

 

Cada vez hai máis xente que se compromete cun modelo de consumo responsable coa sociedade e co mundo que lle rodea. Un novo xeito de consumir produtos e servizos que respecten o medio ambiente e tamén os dereitos humanos, sociais e laborais das persoas que os elaboran.

As cooperativas forman parte da economía social e son unha alternativa para consumir con responsabilidade. Cada vez con maior presenza na nosa cidade, estas entidades ofrecen produtos e servizos de calidade a prezos xustos, pero ademais: 

  1. Son emprendementos de proximidade, que teñen a súa base social e económica na cidade. Isto favorece o consumo local que deriva nun importante aforro enerxético e na redución de gases de efecto invernadoiro, contribuíndo á loita contra o cambio climático. 
  2. Están baseadas na economía real, redistribuíndo os beneficios económicos de xeito horizontal entre as persoas socias e traballadoras, mellorando a calidade de vida de centos de persoas.
  3. As cooperativas son unha importante fonte de emprego directo e indirecto de calidade para as nosas veciñas e veciños.
  4. O tecido cooperativo é a alternativa que permite a participación de negocios máis pequenos, que se unen para poñer en marcha propostas económicas competentes.
  5. As cooperativas permiten a continuidade da actividade de empresas en crise ou por xubilación ou falecemento do/a anterior propietario/a, dando así nova vida aos negocios tradicionais da nosa cidade. 

O Nadal é un momento especial, un tempo para compartir, para regalar, para facer felices ás persoas que nos rodean. E todo iso podémolo facer dun xeito responsable, facendo que o noso consumo teña un impacto positivo na nosa cidade, na nosa veciñanza e no noso planeta. 

No Nadal tamén, consuma responsabilidade. Consume nas cooperativas da Coruña. 

Ver Mapa de Cooperativas

Segue a Campaña nas nosas redes sociais : FacebookTwitter

 


** Máis novas e información da Campaña: Cooruña Coopera

** Preme neste enlace para ver o Folleto da Campaña Cooruña Coopera

**Campaña promovida dende a Unión de Cooperativas EspazoCoop – www.espazo.coop, no marco do Convenio de Colaboración 2019 que EspazoCoop asinou co Concello da Coruña para Promoción do Cooperativismo e a Economía Social.