Ugacota asinou un convenio con “La Caixa” e a Fundación Érguete, en relación co Programa Incorpora, un programa de integración laboral de “La Caixa” que fomenta a contratación das persoas en situación de vulnerabilidade, ou en maior desvantaxe social.

 

Na sinatura, que tivo lugar o 10 de novembro, estiveron presentes: A Presidenta da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado (Ugacota), Purificación Alfonso; o director de área de negocio de “la Caixa” en Vigo, José Manuel Escobar; a presidenta da Fundación Érguete-Integración, Carmen Avendaño, e o director de Igaxes3, Carlos Rosón, en representación do Grupo Incorpora Galicia.

 

Ugacota colaborará con Incorpora, en xeral, para o fomento da contratación e a formación de persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos e co impulso de accións concretas no ámbito da responsabilidade social empresarial. A colaboración radicará na:

– Difusión do Programa Incorpora entre as socias de Ugacota, para un coñecemento do Programa e posibles colaboracións coas cooperativas.

– Dinamización de beneficiarios/as do Programa Incorpora con ideas de emprendemento ou directamente emprendedoras/es para poder realizar formación a través de Ugacota (presencial/online).

– Difusión do movemento cooperativo entre os beneficiarios/as do Programa e derivación (de ser o caso) de persoas con ideas de emprender cooperativamente mediante o traballo asociado.

 

Pola súa parte, Incorpora prestará información e asesoramiento especializado á Unión e ás súas cooperativas asociadas sobre subvencións e axudas á contratación e á creación de emprego para persoas con especiais dificultades de inserción.

Entre xaneiro e setembro deste ano, Incorpora facilitou 111 postos de traballo na provincia de Pontevedra, fronte aos 75 do mesmo período de 2013. Esto foi posible grazas á implicación de 56 empresas pontevedresas neste proxecto de responsabilidade social corporativa.

Fai clic : Nota de Prensa

Sinatura do Convenio na prensa,  fai clic : Atlántico Diario 11/11/14