TOUZA VELLA é a marca dos queixos elaborados pola cooperativa de Castro Caldelas COMO CABRAS, que gaña co seu queixo cremoso o Bronce, e co queixo madurado a Prata nos World Cheese Awards 2017.
Touza Vella foi nomeado entre os gañadores da trixésima edición dos World Cheese Awards en Londres, destacándose da multitude, xa que foron avaliados máis de 3.000 queixos nun só día en Tobacco Dock o pasado 17 de novembro.
A queixería Touza Vella recibiu o cobizado premio Bronce polo seu queixo cremoso, queixo de pasta branda caracterizado pola súa suavidade e o seu retrogusto a coco. Así mesmo recibiu unha prata polo seu queixo madurado, un queixo de pasta dura cuxas características máis destacables son o corte limpo, o seu aroma a almendras tostadas e o seu sabor intenso e equilibrado perdurable no paladar. Ámbolos dous queixos están elaborados con leite cru de cabra de produción propia e con cortiza natural enmohecida. Ata o momento é a única queixería de cabra en Galicia que produce o leite coa que se elaboran os seus produtos.
Touza Vella puxo de relevo os seus queixos neste esceario verdadeiramente internacional, entre queixos de 35 países na edición do 30 aniversario dos World Cheese Awards, que formaron parte de Taste of London Festive Edition deste ano.
Jorge Luís Recuncho, socio da cooperativa explicou que “É a primeira vez que nos presentamos a un evento similar. Somos unha queixería modesta e estamos moi orgullosos(as) do recoñecemento, pois traballamos duro para poder facer un produto de calidade. Estes premios son un gran recoñecemento ao noso esforzo”.
O xurado de 230 membros reuniu a máis nacións que nunca, que representaban a seis continentes e 29 países diferentes, desde Sudáfrica e Xapón ata México e EE. UU., para degustar, avaliar e clasificar os 3.001 queixos nun só día, dando Bronce, Premios Silver, Gold e Super Gold aos queixos gañadores.
Cos 16 mellores queixos seleccionados, o público reuniuse en Taste of London Festive Edition para ver o debate do Súper Xurado Internacional en vivo sobre os mellores queixos do mundo en World Cheese TV, antes de coroar ao World Champion Cheese deste ano. O xurado estaba composto polos principais nomes da comunidade global, con quexeiros(as), compradores(as), minoristas e xornalistas.
Taste of London Festive Edition tivo lugar no Tobacco Dock de Londres do 16 ao 19 de novembro.
Para máis información:
Touza Vella Queixería (COMO CABRAS S. COOP. GALEGA)
Ctra. OU 536 Km. 44,300
Castro Caldelas (Ourense)
Tfno. 628 474 264
Fonte: facebook Touza Vella