FabSpace, cooperativa asociada a EspazoCoop, veñen de presentar unha Proposta de Actividades destinadas ás cooperativas de ensino da Unión, co fin de que a valores para integrala e desenvolvela dentro da programación dos centros de ensino. FabSpace, ubicada en Vigo, ten como actividade principal a fabricación dixital, a programación, e a divulgación e a didáctica no campo do deseño e a fabricación dixital, coa misión de superar a fenda dixital.

Lanzan ‘Aulas Maker’, unha proposta para o período de febreiro a xuño de 2018 basada na creación dunha Aula FabLab para a etapa de educación primaria, dividida nas seguintes áreas:

  • Robótica
  • Deseño
  • Programación
  • Pensamento creativo

A Aula conformaríase coa instalación de maquinaria acaída aos colexios e centros de ensino, e contaríase con contidos didácticos en liña para as nenas e os nenos. Ademais, tamén ofrecen desenvolver o Proxecto Cosateca (a libraría de obxetos deseñados e fabricados entre o alumnado e o profesorado) para aquelas cooperativas de ensino que o desexen incluílo nas súas actividades, con aplicacións para a bioloxía, a historia, a física e a química, e outras materias.

Fai clic: Proposta FabSpace | Destinada a cooperativas de ensino da Unión de Cooperativas EspazoCoop

Máis información: Unión de Cooperativas EspazoCoop | Sectorial de Ensino | 986 866 149 – roberto@espazo.coop (Roberto Andrés Sanmartín)