Resultados do Balance Social 2023 de EspazoCoop realizado na campaña de REAS

 

 

 

 

EspazoCoop pertence á Rede estatal de Economía Alternativa e Solidaria, organización que aglutina a un sector que destaca polo seu bo facer empresarial, e cada ano REAS pon en marcha unha Campaña e as ferramentas para elaborar a Auditoría Balance Social das entidades e empresas da ESS. Aproveitando este marco a Unión de Cooperativas participa nesta campaña para dar conta do seu impacto nos ámbitos social, ambiental e de bo goberno.

O Balance/Auditoría Social avalía de forma sistemática, obxectiva e periódica os principios da Economía Social e Solidaria: a equidade, o traballo de calidade, a sustentabilidade ambiental, a cooperación, a ausencia de ánimo de lucro e o compromiso coa contorna.

>> Auditoría Social 2023 de EspazoCoop (o informe reflicte os datos relativos ao ano 2022), preme neste enlace

A Economía Social e Solidaria supón unha garantía de modelo económico máis social, sostible e solidario a través do Balance Social, e EspazoCoop con este informe “ensina o corazón” presentando os datos anuais da súa Auditoría Social, e facendo parte dos resultados globais da Campaña de Reas.

 

A Economía Social e Solidaria Ensina o Corazón

Na campaña de REAS participaron un total de 641 empresas da ESS, que representan 272.089 persoas19.935 traballadoras, 33.195 voluntarias e 216.572 asociadas-. Máis dun 60% delas son mulleres. Os resultados do Informe conxunto mostran a panorámica do movemento da economía alternativa estatal.

>> Informe de Auditoría Social 2023 da Economía Social e Solidaria do Estado (o informe reflicte os datos relativos ao ano 2022), preme neste enlace

Vídeo do Informe de Reas: Vídeo de Presentación do Informe 2023 Ensina o Corazón