Presentación do Espazo de Emprendemento Pont-Up Store

 

O pasado 30 de xullo presentouse, en Pontevedra, a web do encontro de emprendemento PONT-UP STORE promovido polo Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo e o Concello de Pontevedra, e no que están a colaborar, na súa organización, as cooperativas socias de UGACOTA Dalleqdalle, S.Coop.Galega e O Cable Inglés, S.Coop.Galega.

PONT-UP STORE é unha iniciativa de apoio a NOVOS EMPRENDEDORES, aberta a toda a cidadanía, e que centra os seus esforzos no impulso da CULTURA EMPRENDEDORA na sociedade. A cita será os días 25-26 setembro de 2015 na cidade de Pontevedra.

As cooperativas de nova creación (ata 3 anos) poden escoller entre 3 MODALIDADES de participación e combinalas como queiran:

  1. DISPOÑER DUN STAND DE XEITO GRATUÍTO.
  2. PROPOÑER AS SÚAS PROPIAS ACTIVIDADES.
  3. PARTICIPAR NO APARTADO “10 MINUTOS DE GLORIA”: 10 minutos + 10 imaxes.

Tedes máis información na web do evento: www.pontupstore.com.

E si queredes ver as imaxes da presentación, premede aquí.