Premios á Cooperación:

Tres socias da Unión recoñecidas nas tres categorías

 

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade promove os Premiso á Cooperación 2023 en Galicia, que foron resoltos nos últimos días. O propósito dos mesmos é fomentar e divulgar o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando no desenvolvemento do movemento cooperativo na nosa comunidade.

Xa se coñecen as cooperativas ás que a Consellería otorgou os Premios á Cooperación, que teñen como finalidade fomentar e difundir os valores do cooperativismo na comunidade a través de proxectos útiles e de vocación social.

Na edición deste 2023 resultaron gañadoras tres cooperativas que fan parte da Unión de Cooperativas EspazoCoop:

  • Premio aos Valores Cooperativos: Alén.  Economía Circular e Sostibilidade
  • Premio ao Mellor Proxecto Cooperativo: Enraizando. Servizos sociais, asistenciais e sanitarios a domicilio

Con motivo da celebración do Día Internacional das Cooperativas o vindeiro 1 de xullo, no evento que organizará a Xunta de Galicia recoñecerá publicamente o traballo realizado polas cooperativas e outorgará os premios nun acto na cooperativa Agroflor de Narón, no que porá en valor o seu compromiso coa igualdade, a sostibilidade, a proximidade e a xeración de emprego.