O Cooperativismo galego, presente no Cume Europeo de Economía Social

 

 

 

 

Unha representación de EspazoCoop asistiu ao Cume como máximo representante do cooperativismo de Galicia.

Unha delegación da Unión de Cooperativas de Galicia, EspazoCoop, participou os días 13 e 14 de novembro , no Cume Europeo de Economía Social que se celebrou en San Sebastián con motivo da súa elección como capital española da economía social.

A ‘Conferencia Europea de Economía Social: Persoas, Planeta, Acción’, organizada polo Ministerio de Traballo e Economía Social no marco da Presidencia Española do Consello da Unión Europea, reuniu en San Sebastián durante os dous días, a gobernos, institucións europeas, gobernos autonómicos, a OCDE, a OIT, e líderes empresariais internacionais da Economía Social.

Para Ana Olveira, Presidenta de EspazoCoop, “é fundamental que esteamos presentes neste Foro no que participarán a gran maioría de axentes activos involucrados na economía social. Non só asistirán organismos e Administracións, tamén representantes de asociacións como EspazoCoop, que podemos dar a nosa visión e aspectos de mellora para o desenvolvemento da economía social en xeral e do cooperativismo en particular”.

Aumento da presenza institucional de EspazoCoop en foros estatais e internacionais

Nos últimos anos EspazoCoop aumentou a súa presenza institucional en organismos, foros e encontros estatais e internacionais. De feito, na actualidade e por primeira vez na historia, unha representante de EspazoCoop, Claudia Rodríguez, forma parte da executiva da Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado; ademais, Ana Olveira, Presidenta de EspazoCoop, foi designada como muller lideresa da economía social polo Ministerio de Traballo, sendo a única representante galega. “O noso papel está medrando polo bo facer que está a desenvolver o cooperativismo na nosa comunidade. As nosas cifras medran cada ano, cada vez somos máis cooperativas, máis persoas socias e atopamos entidades cooperativas en todos os sectores económicos”, explica Ana Olveira.

*Programa da Conferencia Europea de Economía Social: Persoas, Planeta, Acción: neste enlace

O pase de diapositivas require JavaScript.