- A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, visitou o Conservatorio Histórico de Santiago, un centro autorizado de ensinanzas musicais de grao oficial.
- Toca destacou que a Economía Social é un sector en auxe en Galicia, con máis de 7.000 entidades e 320.000 persoas.
- Lembrou que as empresas poden optar ao Fondo de Economía Social, a través do que Xesgalicia achega financiamento ao sector con préstamos desde 30.000 euros.
- Puxo en valor as ferramentas da Xunta a través da Axenda 20 para o Emprego para impulsar este sector.
O Conservatorio Histórico de Santiago é un centro cooperativo autorizado de ensinanzas musicais de grao oficial. Toca destacou na visita, na que tamén estiveron 75 alumnos/as de 5º de Primaria do colexio Compañía de María, o papel que xogan as cooperativas no tecido empresarial galego, contribuíndo a mellorar a competitividade das empresas da comunidade e salientando a importancia de favorecer a súa internacionalización. Estes alumnos participan no programa ‘Unha viaxe a tempo’ que lles permite aprender a través da música, habilidades sociais, valores cooperativos, xeografía e historia.
A secretaria xeral de Emprego subliñou a importancia de colaborar coa Economía Social desde a Administración- un sector en auxe na Comunidade con máis de 7.000 entidades e 320.000 persoas- para contar cada vez con cooperativas de maior tamaño, máis innovadoras e que busquen abrirse a novos mercados.
Neste eido, Toca recordou que o Goberno galego traballa na Estratexia para o Impulso do Cooperativismo Galego precisamente para que as cooperativas poidan gañar tamaño, innovar e abrirse a novos mercados. Esta planificación inclúe 87 medidas para potenciar a competitividade e internacionalización do sector cooperativo. Tamén fixo referencia ao Fondo de Economía Social, á Axenda 20 para o Emprego, á Rede Eusumo, e á Lei de Economía Social.
Leer a nova completa: aquí
(Fonte: Páxina web Xunta de Galicia, Novas)