NUMAX é unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro que está traballando para abrir, no centro de Santiago de Compostela, unha sala de cinema con libraría. Desta volta, queren amosarnos outra das liñas de actividade que desenvolven dende a cooperativa: o laboratorio de produción gráfica e audiovisual.

 

O laboratorio xa está en funcionamento, e conta cunha oferta de servizos que cubren un amplo abano de traballos gráficos sobre distintos soportes e todo o proceso de gravación, edición e posprodución de vídeo. Ofertan diferentes formatos: documentais breves, teasers ou cuñas publicitarias, complementadas coa proxección na sala de cinema.

 

Convidámosvos a coñecer polo miúdo a súa interesante oferta premendo aquí.

 

Para máis información, podedes contactar:

NUMAX, S. Coop. Galega

686 138 443 | 666 618 490

www.numax.org | laboratorio@numax.org