Coa idea de dar a coñecer a fórmula empresarial cooperativa como unha boa opción de emprendemento entre persoas desempregadas ou persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego, a Rede Eusumo organiza a Xornada “Emprender baixo a fórmula cooperativa”.

Entre os obxectivos que persegue nesta xornada destacan:

– Achegar o modelo cooperativo a persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego.

– Dar a coñecer o modelo cooperativo: as súas características e particularidades.

– Achegar ás persoas participantes experiencias reais de cooperativas.

– Coñecer os pasos para crear un proxecto cooperativo.

– Mostrar os recursos e ferramentas a disposición do impulso ao cooperativismo.

Esta xornada, dirixida a persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego, realizarase o 18 de decembro en Lugo, nas instalacións da Fundación CEL, no Viveiro de Empresas situado no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. A xornada celebrarase en horario de mañá de 10:00 h. a 14:00 h.

Fai clic : Cartel e  Díptico

Contacto: Teléfono 981 558 008 ou no enderezo  info@eusumo.coop.

 

Para máis información, visite as web:

www.eusumo.coop – www.cooperativasdegalicia.com