COOPS Cultura, Turismo, Ocio, Patrimonio e Medio Ambiente

 

CATÁLOGO DE COOPERATIVAS CULTURALES, TURISMO, OCIO, PATRIMONIO E MEDIO AMBIENTE DE ESPAZOCOOP

 

 

 

 

 

 

EspazoCoop é unha unión de cooperativas galegas que agrupa preto de 300 cooperativas de distintos sectores. O modelo predominante é o de traballo asociado, que se demostrou como un motor clave no desenvolvemento económico e social en Galicia. Este tipo de cooperativismo permite xerar emprego estable, de calidade e sostible, sendo especialmente relevante en áreas rurais, onde contribúe a fixar poboación e combater o despoboamento. En Galicia, máis de 14.000 persoas son socias traballadoras de cooperativas de traballo, representando un 4,16% do total estatal.

O impacto social das cooperativas reflíctese nos seus valores fundamentais, como a igualdade e a integración social, destacando unha significativa participación feminina: o 56% das cooperativas de traballo están presididas por mulleres.

Ademais, EspazoCoop promove o emprendemento en sectores emerxentes e ofrece apoio integral ás súas socias mediante formación, intercooperación e representación ante institucións. Este tecido social e económico impulsa o desenvolvemento comunitario, consolidando o cooperativismo como un alicerce esencial para o futuro de Galicia.

Catálogo COOPS Cultura, Turismo, Ocio, Patrimonio e Medio Ambiente

Entre as cooperativas de EspazoCoop destacan arredor de 50 do sector cultural, e 20 de medio ambiente, turismo, ocio e patrimonio, que están organizadas nunha sectorial específica que exemplifica o dinamismo e a capacidade de adaptación do cooperativismo ante os desafíos sociais, ambientais e económicos. A maioría destas cooperativas naceron nos últimos 10 anos como resposta a unha profunda crise no sector e á precariedade laboral.

Este crecemento amosa como o modelo cooperativo ofrece solucións sostibles e democráticas para os profesionais destes sectores permitindo consolidar proxectos que combinan estabilidade laboral, xestión participada, e un firme compromiso coa creación cultural, a ecoloxía, os desafíos ambientais, o turismo e ocio responsable, e a preservación do patrimonio natural e cultural.

Este catálogo pretende ser unha pequena xanela ao vibrante universo do cooperativismo que alberga Galicia no seo de EspazoCoop.

Consulta o Catálogo: neste enlace

 


Esta iniciativa enmárcase na programación da REDE EUSUMO. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social.

—-