Co obxecto de apoiar e reforzar a promoción e comercialización dos produtos alimentarios cooperativos galegos, a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social e o Consello Galego de Cooperativas organizan un conxunto de accións orientadas a impulsar a súa presenza no sector da hostalería e no mercado de orixe.
A iniciativa, dirixida especialmente aos principais axentes que poidan influír na promoción do cooperativismo, denominado “Menú: Cooperativas de Galicia”, pretende captar o interese do consumidor responsable e promover simultaneamente a solidariedade con Galicia mediante o recoñecemento dos valores e principios cooperativos, sempre asociados á produción de calidade e a vinculación có territorio que ofrecen os seus produtos desenvolverase entre os meses de maio e xuño de 2014 e comprende as seguintes actividades:
1. Xornadas gastronómicas: Organizaranse dúas xornadas gastronómicas que terán lugar o 19 de maio as 19 horas na Cidade da Cultura e o 13 de xuño as 13 horas en Salimat Silleda.
2. Libro-receitario : durante as xornadas gastronómicas farase entrega dun atractivo libro con receitas sinxelas elaboradas a base de produtos cooperativos das entidades participantes, explicadas de modo claro e todas elas ilustradas coa fotografía do resultado final.
3. Menú cooperativo : durante o mes de xuño os restaurantes socios do Grupo Galicia Gourmand incluirán na súa carta habitual un menú composto por pratos elaborados a base de produtos das cooperativas participantes que poderá ser degustado segundo prezos ordinarios dos establecementos.
Dende a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social e o Consello Galego de Cooperativas convidámoslles a participar nesta iniciativa, agradecéndolles, debido a que o aforo é limitado, a confirmación da súa asistencia a través do teléfono 608 941361, o fax 886 984196, a web do evento Menú Cooperativas ou do correo electrónico menucoop@eusumo.coop.
O prazo para comunicar o interese en participar remata o 12 de maio para o evento da Cidade da Cultura e o 6 de xuño para o evento en Salimat Silleda.