Memoria social 2019
Espazocoop asocia a 200 empresas cooperativas e a 2.452 cooperativistas, que se sitúan dentro dunha cultura de traballo basada nos valores e principios cooperativos, nunha xestión democrática, e nas persoas. Conta ademais, con 2 sectoriais, a Sectorial de Cooperativas de Ensino e a Sectorial de Cooperativas do ámbito Cultural, e ten abertas 3 oficinas en Galicia: na Coruña, Santiago e Vigo.
A Memoria da xestión social 2019 dá conta da actividade desenvolvida e da xestión económica, destacando áreas de traballo como:
1| A difusión e promoción do cooperativismo: con máis de 1.055 beneficiarias, 40 entidades colaboradoras e 62 actividades ou intervencións.
2| A creación e consolidación de cooperativas: con 71 proxectos pre-cooperativos atendidos, 17 cooperativas constituídas e 212 beneficiarias no ámbito do emprendemento.
En canto á consolidación de cooperativas en funcionamento, con máis de 1.150 beneficiarias, e unhas 17 liñas de acción abertas, destacan por un lado, os programas de intercooperación entre organizacións que buscan colaborar, creando alianzas e xerando negocio; e por outro lado, o asesoramento e a formación ás empresas cooperativas, a través de distintos programas da Unión que procuran o seu crecemento e desenvolvemento empresarial:
Meetings de economía social e cooperativa, Bolsas en xerencia, Aceleradoras, Servizo de finanzas éticas, Servizo de orientación e apoio na xestión cooperativa, Formación, Mostras expositivas -Pop ups-, Xornadas para Sectoriais de Ensino, Cultura, Consumo…, Servizo de asesoramento xurídico en materia educativa, Visitas, etc.
3| Representatividade e influencia política: as relacións institucionais, con axentes sociais, redes e colaboradoras, destacaron por traballar as demandas da base social e do sector cooperativo, e representar a socias e ao cooperativismo en xeral, a constitución do Consello da Economía Social Galega e a do Foro polo Economía Social Galega no marco dos actos de recoñecemento de ‘Galicia Rexión Amiga da Economía Social 2019’ pola Comisión Europea son algúns dos fitos en 2019.
4| Comunicación: segue implementando medidas dos plans establecidos, e con presenza continuada en distintas canles.
Podes descargar a MEMORIA SOCIAL ESPAZOCOOP 2019 neste enlace.