Bico de Grao busca socia

? A nosa asociada BICO DE GRAO busca socia!
Dende a cooperativa Bico de Grao, poñen en marcha o proceso de selección para a incorporación dunha nova persoa socia na súa equipa de traballo. A Tenda de Alimentos Saudables de Lugo reciben propostas ata o 27/11/20.
Oferta de emprego: Socia/o para a Cooperativa Bico de Grao

Requisitos:

– Compromiso e activismo social.

– Coñecementos en agricultura ecolóxica, comercio xusto, consumo responsable, economía social e feminismo.

– Coñecemento das ferramentas informáticas básicas (Word, Excell, OpenOffice) e de contabilidade.

– Galegofalante

Habilidades que se valorarán positivamente:

– Traballo en equipo

– Iniciativa

– Creatividade

Experiencia previa valorable:

Atención ao público

Impartición de formacións

As persoas interesadas deberán enviar CV e carta de motivación ao correo bicodegrao@gmail.com antes do 27/11/20.

Non se valorarán currículums sen carta de motivación nin se recollen en man, só por correo electrónico.