Instrución sobre o funcionamento do Rexistro de Cooperativas, a partir do 16 de xuño de 2020.
Dende a Rede Eusumo, da Xunta de Galicia, recibimos unha nota informativa sobre o Funcionamento dos Rexistros de Cooperativas en Galicia.
Volvemos á presentación presencial, mediante cita previa, agás trámites e documentos asinados dixitalmente que podan presentarse telemáticamente: “cando a documentación consista unicamente en documentos asinados dixitalmente,
poden xuntarse ás solicitudes electrónicas, e non é preciso achegalos en formato papel.”
Os prazos para adoptar acordos e realizar outras xestións societarias, establecidos pola normativa cooperativa:
–Prazo de tres meses para formular as contas contarase desde o 1 de xuño. Se o órgano de administración xa tivese formuladas as contas, pero estivese pendente de realizar o informe de auditoría (obrigatoria ou voluntaria), pode facerse no prazo de dous meses desde que finalice o estado de alarma.
– Pola súa parte, a asemblea xeral ordinaria para aprobar as contas debe reunirse dentro dos dous meses seguintes ao remate do prazo para formular as contas.
– Así pois, tendo en conta que as contas deben presentarse para o seu depósito no Rexistro de Cooperativas no prazo de dous meses desde a súa aprobación, estes prazos rematará, como moi tarde, o 31 de decembro de 2020.
A reunión dos órganos sociais realizada por medios telemáticos:
Ata o 31 de decembro de 2020, os consellos reitores e as asembleas poderán reunirse a través de videoconferencia ou por conferencia telefónica múltiple.
Preme para ler a información completa: aquí