Guía de casos: Da crise á autoxestión.
Presentámosvos esta Guía de empresas recuperadas polo cooperativismo en Galicia que foi elaborada pola Unión de Cooperativas EspazoCoop. Este guía pode ser un material útil, xa que recolle 30 casos e 8 entrevistas ás protagonistas, ás persoas socias cooperativistas que levaron a cabo a recuperación do emprego a través do modelo cooperativo. A Guía se completa cun último apartado con algún material de apoio sobre a materia.
A Unión de Cooperativas EspazoCoop pretende coa elaboración desta Guía en formato dixital, recoller boas prácticas de empresas cooperativas no mantemento das actividades económicas, de tal xeito que se visibilice o papel que o modelo cooperativo está a xogar no mantemento do emprego, na continuidade e recuperación da actividade das empresas e o seu rol destacado na resistencia ás crises, ao tempo que complemente outros materiais xa existentes sobre transformación de sociedades mercantís en empresas de economía social, manuais de divulgación da economía social en Galicia, etc.
Así mesmo, esta guía debe permitir dar a coñecer as principais dificultades e factores de éxito dos proxectos recuperados, de tal xeito que podan servir de modelo ou referencia para novos proxectos nas mesmas circunstancias.
Descarga: Guía de casos: da crise á autoxestión