EspazoCoop elabora a ferramenta Consolida_ES

Un recurso para a maduración e o deseño de oportunidades de negocio na economía social no ámbito do Proxecto europeo Laces.

Trátase dunha ferramenta web para contribuír á maduración e consolidación de proxectos empresariais no ámbito da economía social. CONSOLIDA_ES enmárcase dentro do proxecto LACES, laboratorios de apoio á creación de emprego e empresas de economía social, que persegue fomentar a economía social na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal como fórmula solidaria e colaborativa, favorecendo a creación de empresas e postos de traballo de calidade no espazo transfronteirizo.

CONSOLIDA_ES conta con tres tipos de aplicacións para dar solución a proxectos empresariais, enmarcados dentro da economía social nas fases de maduración, creación e consolidación.

1| Plan de empresa + Canvas

2| Plan de mellora

3| Responsabilidade social

Plataforma CONSOLIDA_ES: https://consolidaes.com/Inicio.php

 

Entidade responsable: UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS ESPAZOCOOP – www.espazo.coop

Máis información sobre esta iniciativa: 981 57 55 78 – info@espazo.coop