A Fundación Érguete Integración e EspazoCoop firman un convenio para promover o autoemprego e o cooperativismo

Vigo, 20 de xaneiro de 2020. A Fundación Érguete-Integración e a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop firmaron este luns un convenio de colaboración que ten como fin a promoción do cooperativismo, da economía social e do fomento do emprego e autoemprego.

No acto de firma, celebrado na sede da Fundación Érguete-Integración, estiveron presentes a presidenta da Fundación, Carmen Avendaño, e a presidenta de EspazoCoop, Ana Olveira, quenes destacaron que este convenio “formaliza a colaboración” que xa mantiñan nos últimos anos as dúas entidades.

“Somos imprescindibles para incorporar de forma normalizada a persoas” en risco de exclusión, remarcou Carmen Avendaño, a colación do que Ana Olveira engadiu que o cooperativismo “é unha nova ferramenta á que botar man” para que “as persoas se empoderen e se vexan capaces de saír de dinámicas de exclusión”.

Por medio desde convenio, se achegarán recursos para realizar actividades de información, asesoramento e formación encamiñadas a mellorar a cualificación profesional e empresarial de persoas que decidan autoempregarse mediante a fórmula de Cooperativa de traballo.

No mesmo acto, a Fundación Érguete-Integración e EspazoCoop firmaron co Programa Incorpora da Obra Social “la Caixa” un segundo convenio. Este acordo consiste en accións para favorecer a maior incorporación ao mundo laboral de persoas en risco de exclusión social, ademais de promover a Responsabilidade Social Empresarial.

Fundación Érguete-Integración co Cooperativismo A Fundación Érguete-Integración traballa para que as persoas consigan a súa mellora laboral e de vida, a partir do acercamento á rede asistencial ou acceso ao emprego, formación e intermediación cos distintos axentes sociais da comunidade.

Dentro desta labor, a Fundación considera de interese o desenvolvemento e promoción do cooperativismo e a economía social, e tamén apoia iniciativas e actuacións dirixidas ao fomento do autoemprego e da creación de cooperativas, que desde a Unión de Cooperativas EspazoCoop teñen como un dos seus obxetivos e funcións principais.

>> Fonte NdP: Fundación Érguete-Integración.

>> Galería de imaxes: Unión de Cooperativas EspazoCoop.

O pase de diapositivas require JavaScript.