Novas Cooperativas Socias

Presentamos a 2 novas cooperativas que son as últimas incorporacións como socias na Unión de Cooperativas EspazoCoop.

Para dalas a coñecer publicamente e entre as demais asociadas deixámosvos a súa referencia.

 

 

 

ALMEIRO s. coop. galega

ALMEIRO s. coop. galega, deseñan e desenvolven proxectos socioculturais e creativos, algúns deles vinculados á tecnoloxía, que se presentan baixo a marca comercial BenCuriosa.

A marca BenCuriosa, queren contribuír á renovación do ecosistema cultural, impulsando procesos de xeración e intercambio de coñecemento e deseñando solucións novidosas para estimular o desenvolvemento creativo de organizacións, comunidades e territorios.

A cooperativa de traballo Almeiro está ubicada en Arteixo (A Coruña).

Web: http://www.almeiro.gal


FP ARQUITECTURA s. coop. galega

FP ARQUITECTURA é unha cooperativa de traballo asociado, con sede na cidade da Coruña, que realizan traballos relacionados co deseño, a arquitectura e o urbanismo.

Ademais, realizan actividades de investigación e divulgación do coñecemento en calquera dos ámbitos anteriores.

Web: http://www.fuertespenedo.com