EspazoCoop celebra as xornadas de planificación estratéxica 2025

 

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop celebrou os días 23 e 24 de xaneiro as Xornadas Planificación Estratéxica que vén organizando habitualmente a principios de cada ano e que permiten facer avaliación do pasado ano, definir e programar o novo período, e establecer as principais liñas de acción para 2025. As xornadas celebráronse na sede da cooperativa AVADA, no lugar de Fontorto no concello de Mesía (1).

O consello reitor e o equipo técnico de EspazoCoop desenvolveron as xornadas durante dous días de traballo para realizar balance, tirar conclusións, programar actividades, definir programas, buscar estratexias de actuación, organizarse como equipo, marcarse obxectivos ou establecer presupostos, todo elo aliñado co Plan Operativo Anual – POA – que tamén se traballa neste encontro.

As Xornadas ademais, son un tempo para que os equipos de EspazoCoop podan intercambiar dunha maneira máis estreita reflexións, sobre as dificultades e necesidades, e valorar o grao de cumprimento dos obxectivos marcados no 2024, compartindo espazos máis informais.

Abrirase un proceso de participación ás socias para a planificación de EspazoCoop

A Planificación da Unión de Cooperativas EspazoCoop para este ano 2025 será completada ao longo do mes de febreiro abrindo un proceso de participación para as cooperativas socias, que busca incorporar as súas necesidades, as achegas e as valoracións que xurdan, habilitando unha consulta en liña e establecendo unha Semana de Portas Abertas nas 3 oficinas da Unión, en A Coruña, Santiago e Vigo, do 24 ao 28 de febreiro de 12 a 14 h para recibir achegas ou valoracións de xeito persoal.

 

(1) AVADA S. Coop. Galega : Albergue xuvenil, Casa do Maior, actividades de ocio e tempo libre, proxectos de voluntariado internacional e formación.