EspazoCoop asiste ao lanzamento de Murcia como Capital Española da Economía Social 2025

 

O acto inaugural contou coa asistencia da vicepresidenta segunda do Goberno de España e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz.

Co lema “O capital son as persoas”, a cidade será durante este ano o epicentro nacional do sector e celebrará máis de 150 actos, coa colaboración doutros municipios murcianos.

EspazoCoop acompañou aos compañeiros e compañeiras de Ucomur (Unión de cooperativas de traballo de Murcia) no acto de lanzamento de Murcia como Capital Española da Economia Social 2025, unha delegación da Unión e representantes da Xunta de Galicia asistiron ao acto na Universidade de Murcia.

Murcia inaugurou oficialmente ou seu exercicio como Capital Española da Economía Social 2025

Murcia inaugurou oficialmente ou seu exercicio como Capital Española da Economía Social 2025, que levará por lema: “O capital son as persoas”. Fíxoo cun acto na Universidade de Murcia (UMU) que contou coa asistencia de autoridades como a vicepresidenta segunda do Goberno de España e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz; o presidente da Región de Murcia, Fernando López Miras; ou o Premio Nobel de Economía 2007, Eric Maskin.

“A Economía Social demostra que a actividade económica pode e debe redirixirse cara ao ben común, e que podemos combinar a eficiencia con xustiza, rendibilidade con sustentabilidade e progreso con democracia económica”, destacou Díaz.

Un mundo máis sostible e mellor

“Esta designación representa o recoñecemento a unha rexión como Murcia e a un modelo económico que en tempos de incerteza e cambios mostrouse como unha realidade viable e necesaria e que en tempos de bonanza continuou creando emprego mesmo a un nivel superior ao da empresa tradicional”, destaca o presidente da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), Juan Antonio Pedreño, que tamén participou neste acto e lembrou que este recoñecemento coincide co Ano Internacional das Cooperativas.

Unión do sector

Para celebrar ao grande este nomeamento as seis entidades da economía social murciana (Ucomur, Amusal, Fecoam, Ucoerm, Crysalia e Fecamur) uníronse para desenvolver un amplo programa de actividades durante todo o ano para poñer en valor a contribución socioeconómica deste modelo empresarial. Actos que contarán con presenza e proxección autonómica, nacional, europea e internacional, e coa participación de organizacións e empresas e o apoio das administracións local, rexional e estatal.

Por iso, durante os próximos meses desenvolveranse preto de 150 eventos que reunirán a institucións, empresas e expertos do sector, contando mesmo coa colaboración doutros municipios murcianos. Estes abarcarán desde feiras territoriais e estatais ata xornadas e congresos proxección internacional, como a celebración da Semana Europea da Economía Social e dos premios europeos de economía social, un foro de liderado feminino en economía social, así como un congreso iberoamericano do sector e mesmo unha carreira popular.

Tamén se realizarán as TaskForce de Nacións Unidas, un congreso ensino nacional, diversas propostas de CEPES, as asembleas de organizacións representativas (como, por exemplo, a de Social EconomyEurope) ou un debate sobre enerxía e reto demográfico, ao que asistirá a vicepresidenta terceira do Goberno de España e ministra do ramo, Sara Aagesen.

Un modelo de futuro

Murcia converteuse nun territorio cun forte arraigamento na economía social, cunha porcentaxe superior á media nacional en creación de emprego. O seu modelo empresarial responde os desafíos sociais, económicos e ambientais, baseado en principios de cooperación, inclusión e sustentabilidade, promovendo unha xestión empresarial orientada ás persoas e ao benestar colectivo.

A través de empresas e organizacións que priorizan o impacto social e ambiental, a economía social busca xerar emprego digno, fortalecer a cohesión social e contribuír á transformación da economía global nun sistema máis xusto e equitativo.

Fonte informativa: Np web Ucomur

—–

Xornada de traballo do proxecto ES-Factory en Murcia

A delegación da Unión de Cooperativas EspazoCoop e representantes da Xunta de Galicia aproveitaron a súa estancia en Murcia para reunirse con Ucomur de cara a coñecer de primeira man as cooperativas de emprendemento, co caso TESTÉALO.  Esta xornada de traballo enmárcase nas actividades que están a realizarse no proxecto europeo PocTep de cooperación transfronteiriza ES-Factory na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.