Xornada do primeiro encontro transnacional AGROSMARTCoop de cooperativas de España (Galicia, Estremadura, Castela-A Mancha e Euscadi), Portugal (Norte) e Francia (Aquitania) que se celebrará o vindeiro 6 de setembro de 09:00 h. ata as 13:30 h., con comida posterior, no Hotel Puerta del Camino, C/ Miguel Ferro Caaveiro, s/n, Santiago de Compostela.
A Unión Galega de Cooperativas Agrarias AGACA lidera un proxecto europeo Interreg Sudoe no que participan entidades de España, Francia e Portugal chamado AGROSMARTcoop , que se vai a desenvolver ao longo dos vindeiros dous anos ( xullo 2016 ato xuño 2018).
Este proxecto ten por finalidade principal crear un espazo de promoción, interconexión e interacción intelixente dotado de estruturas, ferramentas e servizos avanzados de apoio ás cooperativas agroalimentarias no espazo SUDOE para mellorar na innovación tecnolóxica, de xestión e de comercialización a través do fomento do coñecemento, as boas prácticas e a intercooperación. Por tanto, é un proxecto pensado para a mellora empresarial das cooperativas agroalimentarias e favorecer a integración das mesmas.
Fai clic: Carta de Invitación
Fai clic: Programa Xornada AgroSmartCoop
Fai clic: Folleto Agrosmartcoop
Confirme asistencia chamando ao 981.58.49.11 ou mediante correo a berta.agaca@gmail.com