Desde EspazoCoop mostramos o noso agradecemento a Celso Gándara polo seu traballo e compromiso
Desde a Unión queremos recoñecer e agradecer o labor desenvolto por Celso Gándara Carnero durante o seus anos como presidente de FOROESGAL.
Desde EspazoCoop queremos agradecer o traballo e compromiso que Celso Gándara Carnero desenvolveu ata xuño de 2024 como presidente de FOROESGAL, entidade de referencia no ámbito da Economía Social en Galicia.
Durante o seu mandato, Celso traballou con implicación e xenerosidade, logrando que, por primeira vez en Galicia, o sector da economía social fose representado na súa totalidade. O seu esforzo e compromiso foron fundamentais para visibilizar e fortalecer as nosas cooperativas e entidades de economía social no ámbito rexional e nacional.
Este mesmo recoñecemento foi ofrecido na última asemblea de CEPES, celebrada o 6 de xuño, durante a cal se destacou o seu papel e o traballo realizado por Celso durante estes anos. Desde EspazoCoop queremos expresar o noso máis profundo agradecemento a Celso pola súa dedicación e por todo o que logrou durante este ciclo. O seu legado e contribucións son un fito que lembraremos e celebraremos sempre. Ademais, Celso actualmente fai parte do Consello Reitor da Unión, desde onde segue a ser unha figura inspiradora para todos nós.
Grazas, Celso, pola túa entrega e por levar a economía social galega a novas alturas.