A cooperativa Salgueiriños de Consumo, S.Coop. Galega, organiza o curso “Redes Sociais para PEMES” que se desenvolverá entre o 14 de xaneiro e o 13 de febreiro de 2014, os martes e xoves de 19:30 a 21:30 para un total de 20 horas. Realizarán unha aproximación ao fenómeno das redes sociais, que son e para que serven, que permita tanto a PEMES como a autónomos aproveitar as potencialidades desta ferramenta na súa estratexia de marketing, para atraer e fidelizar clientes.

O curso é eminentemente práctico e cada persoa inscrita terá un PC dispoñíbel na aula do curso para a súa realización.

Máis información e inscricións: Curso Redes